World Science Fiction Convention

Cerimonia de entrega dos premios Hugo e John W. Campbell na 75 edición da Worldcon celebrada en Helsinqui en 2017. A velada de entrega de premios constitúe un dos actos principais da convención.

Worldcon, ou World Science Fiction Convention, a convención anual da Sociedade Mundial de Ciencia Ficción (WSFS), é unha convención de ciencia ficción. Levouse a cabo cada ano dende 1939 (agás entre 1942 e 1945 por mor da segunda guerra mundial).[1] Os membros de cada Worldcon son os membros de WSFS, e votan para escoller o sitio da Worldcon dous anos despois e para seleccionar os gañadores dos Premios Hugo anuais, que se presentan en cada convención. Normalmente celébrase no verán estadounidense (agosto ou setembro), nas costas leste ou oeste dos Estados Unidos de América.

  1. "NESFA". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy